Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa aumentando a presenza de turistas en Galicia

Continúa aumentando a presenza de turistas en Galicia

No que vai de ano xa hai un dez por cento máis de visitantes que en 2022

Tamén se incrementou o número de peregrinos

G24.gal 27/08/2023 17:20 Última actualización 27/08/2023 17:29

O turismo volve superar os datos do ano pasado. No que vai de 2023 aumentou un dez por cento, unhas cifras que afectan a todo o territorio, tanto á costa coma ao interior. A Ribeira Sacra, onde nos atopamos, é un dos lugares con máis visitantes, onde máis se aprecia esta explosión do turismo.

Constatámolo porque a maior parte dos establecementos turísticos rozaron o cheo total durante este verán. Tamén melloraron os datos respecto aos peregrinos. Houbo un tres por cento máis de persoas que selaron a Compostela en comparanza co ano pasado, que xa foi de récord.

Agora que estamos rematando o mes de agosto continúan as reservas para os próximos meses, unha proba de que Galicia é un destino turístico de moda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade