Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa en Ribadeo a busca dun home de 84 anos desaparecido dende o mércores

Continúa en Ribadeo a busca dun home de 84 anos desaparecido dende o mércores

Leva dúas noites fora da casa sen medicación nin roupa de abrigo

G24.gal 01/11/2024 13:50

En Ribadeo buscan un veciño de 84 anos que leva desaparecido dende o mércores pola mañá. Francisco Barcia saíu dar un paseo, como facía decotío, e non regresou. No operativo de busca participan axentes da Garda Civil, Policía Local de Ribadeo e efectivos de protección civil.

Coas primeiras luces retomáronse os labores de busca de Francisco Barcía, do que nada se sabe dende a mañá do mércores. Saíu da casa ás once da mañá para facer o seu paseo diario, pero non regresou.

Unha tarefa que está a ser complicada porque Francisco camiñaba máis de 10 quilómetros ao dia polo que o radio de busca é moi amplo. Nieves Freije de Protección Civil de Ribadeo conta o seguinte:  "Onte estivemos todo o día buscando en todas as vilas, tanto en coche coma camiñando. Nas zonas onde a familia di que el vai camiñando e non atopamos nada. Hoxe retomamos todo outra vez. Volvemos por onde miramos onte e ampliamos máis a busca. El vai amodo, pero desprázase moito. Fai máis de dez quilómetros ao día".

Familiares de Francisco, Patrullas da Garda Civil, axentes da policía local, efectivos de protección civil e mesmo traballadores do concello participan na busca de Francisco. Durante a xornada do xoves mesmo se sumou ao operativo un helicóptero da Garda Civil. 

A preocupación polo seu estado de saúde é máxima despois de pasar xa dúas noites fora da casa. "Sin medicación, sen comer e sen roupa de abrigo. Estamos todos dando o que podemos para localizalo".

Xa este martes, o día anterior á súa desaparición, protagonizou un episodio similar. Tampoco volveu do seu paseo á hora habitual e regresou á casa moi avanzada xa a noite amosando sinais de desorientación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade