Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa o confinamento estrito en varias cidades chinesas por mor da covid

Continúa o confinamento estrito en varias cidades chinesas por mor da covid

Residentes españois sofren restricións extremas en Shanghai pola pandemia

G24.gal 24/04/2022 14:50

Na China as autoridades seguen a empregar medidas extremas para tentar controlar a variedade ómicrón, establecendo unha política de contaxios cero. Unha das máis cidades máis importantes, Shanghai, segue cun confinamento radical despois dun mes. 26 millóns de persoas, entre os que hai moitos españois, sofren os peches domiciliarios e as restricións severas.

Máis de vinte e cinco millóns de persoas sofren restricións de mobilidade e no caso de daren positivo son trasladados a hospitais improvisados, moitos deles en condicións cuestionables, ata que un triplo test negativo lles permita volver á casa. Pablo León, un andaluz residente en Shanghai dende hai dez anos, asegura que moitos cidadáns non comunican un positivo ás autoridades porque as expectativas que lles esperan en caso de recoñecer o seu contaxio "non son nada optimistas", asegura.

As corentenas poden ir dunha semana a catorce días e nese tempo non se pode saír á rúa. Se se detecta un contaxio no distrito ou nun edificio a corentena reactívase de novo. Os confinados, entre eles moitos españois, recorren ao teletraballo, aínda así as estritas restricións das autoridades están a levantar protestas nun país pouco dado a facelas.

"Aínda que a lei está aí, logo vén o señor que controla o rueiro, que di que é moi perigoso, que mellor non saiades; podedes saír, pero non ides saír", asegura outra residente española na cidade.

Mentres que en Occidente a tendencia é a normalizar o virus, na China, con moita xente maior sen vacinar completamente e cunha eficacia menor do soro, as autoridades do país endurecen as medidas de prevención,  medidas que a contaxiosa ómicron semella deixar en evidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade