Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca do home de 80 anos desaparecido en Friol hai unha semana

Continúa a busca do home de 80 anos desaparecido en Friol hai unha semana

Válese por si mesmo e non ten problemas de mobilidade

Unha testemuña asegura que o viu na parroquia de Condes

G24.gal 11/09/2022 17:46 Última actualización 11/09/2022 21:23

Fai xa unha semana que falta da súa casa un veciño de Friol, de 80 anos. A súa familia búscao desde o primeiro momento. E canda ela, un amplo grupo de persoas que rastrexan camiños e prados. 

Os ánimos non decaen á hora de tentar dar co seu paradoiro. Un amplo dispositivo repártese pola parroquia de Condes. Un transportista recoñeceuno hai uns días por esta zona, pero daquela non sabía que o estaban a buscar.

Divididas en varios grupos, as persoas que integran o operativo non deixan oco sen mirar. Agora céntranse nas proximidades da estrada que vai cara a Palas de Reis.

José Luis Iglesias non regresou á casa o domingo pasado. Apareceu o seu coche nunha pista preto do lugar onde tiña o gando. Válese por si mesmo e non ten problemas de mobilidade, por iso non entenden que aínda non aparecese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade