Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos seguirá unha semana máis sen poder beber auga da billa

Betanzos seguirá unha semana máis sen poder beber auga da billa

Ata o próximo día 15 non se saberá se a auga da traída é apta para o consumo

G24.gal 07/06/2023 21:22 Última actualización 07/06/2023 21:33

A Consellería de Sanidade tomara, a partir deste xoves, novas mostras en distintos puntos da rede de subministración da auga municipal de Betanzos para comprobar que o programa de limpeza e desinfeción do Concello foi efectivo.

"A partir de aí a rede ten que volver á súa normalidade, aínda antes de poñela en servizo. A semana que vén volverán tomarse mostras e segundo os resultados desas mostras saberemos cando volve ser apta para o consumo", sinala a alcaldesa en funcións de Betanzos.

Tamén se collerán mostras do río Mendo para saber se está aquí a orixe do virus. Prevese que todos estes resultados se coñezan despois do día 15.

A partir desa data, os veciños de Betanzos, xa resignados e cansos desta situación, saberán se poderán volver consumir auga da billa.

"A min, como custarme traballo non, pero tamén estou desexando que acabe esta historia porque eu estou comprando auga". 

"Temos que aguantar, non queda outro remedio. Nós temos a sorte de que hai unha fonte natural e esa de momento, non está contaminada" din os veciños.

O virus detectado na auga provocou medio cento de casos de gastroenterite na vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade