Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cedeira espera os resultados da última analítica da auga polo gromo de gastroenterite

Cedeira espera os resultados da última analítica da auga polo gromo de gastroenterite

A orixe das infeccións aínda non está identificada e os resultados da mostra deberían coñecerse entre este luns e este martes

Mentres tanto, están a repartir auga nunha cisterna, xa que desaconsellan consumir auga da billa

Veciña de Cedeira recollendo auga da cisterna disposta polo Concello
G24.gal 01/07/2024 16:34 Última actualización 01/07/2024 17:27

Cedeira está á espera dos resultados da última analítica da auga para intentar identificar a orixe dun gromo de gastroenterite. Os casos non só foron detectados na vila, senón tamén noutras parroquias.

Desde o concello desaconsellan o consumo de auga da billa por mor dun gromo de gastroenterite. Aínda que a orixe non está identificada polo momento, activouse o protocolo específico e preventivo. Por este motivo, estase a repartir auga nunha cisterna.

A alarma saltou na tarde do pasado xoves, tras a detección dun gromo de gastroenterite entre a poboación. E, malia que a orixe aínda non está identificada, activouse un protocolo de prudencia e seguridade.

Hai quen fai caso omiso, pois as analíticas realizadas pola empresa xestora na auga de consumo humano cumpren con todos os controis de calidade e, ata a data, en ningún deles se detectou parámetro ningún que estivese fóra de rango.

Agora, en Cedeira están á espera dos resultados da última mostra, que deberán chegar, ao máis tardar, este martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade