Publicador de contidos
Publicador de contidos

Organizacións de voluntariado traen a España máis familias ucraínas

Organizacións de voluntariado traen a España máis familias ucraínas

As organizacións insisten na axuda organizada con institucións para evitar as mafias

Unha viaxe chea de incertezas con moitos seres queridos que permanecen en Ucraína

Reencontros e apertas de cativos ucraínos que xa pasaban o verán en España
G24.gal 12/03/2022 21:12

Xa están en España os 14 refuxiados ucraínos, mulleres e nenos, que chegaron co voluntariado da asociación Dya. Relatan as dificultades de rescatar persoas que foxen, que buscan calquera destino posible ao que ir, e que van tomando decisións dun momento para outro segundo se presentan as oportunidades.

"Chegan moi cansos, con pánico, a un país onde non coñeces o idioma, nin a ninguén, con nenos", asegura unha das colaboradoras. 

"As persoas que traíamos nós sorriron por primeira vez cando entramos en España", comenta outro.

E esa resposta, gratificante, foi a que tamén tivo María del Mar García en Puertollano. A súa xa era unha familia de acollida durante o verán. Uns días antes de comezar a invasión en Ucraína a familia de Kíiv envioulles a España tres das súas fillas para poñelas a salvo. Hoxe despedíanse de novo pero por boa causa.

"Eu agardaba que quedasen máis tempo comigo pero súa nai e súa irmá están xa en España, en Oviedo nunha residencia e vanse reunir todas".

Son historias individuais que se repiten e que dan boa conta do que está sendo este exilio, máis duro aínda para quen menos ten. En Almería xa está todo listo para saír cara aló.

"A idea é poder recoller a 22 nenos que están nun orfanato cos seus catro un cinco titores. E se temos a oportunidade de traer máis xente, a idea é esa", explica un dos voluntarios.

As organizacións e institucións insisten en que as iniciativas de recollida non deben ser improvisadas para evitar riscos e desconfianza de persoas moi vulnerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade