Contratar unha hipoteca sae moito máis caro agora que hai un ano
Contratar unha hipoteca sae moito máis caro agora que hai un ano
Esta semana o euríbor subía ata rozar o 3,5 % e todo indica que seguirá subindo ata o 4 % no mes de marzo
Contratar na actualidade unha hipoteca sae máis caro que hai un ano, chegou mesmo a duplicarse, segundo datos do Banco de España.
Esta semana o euríbor subía ata rozar o 3,5 % e todo indica que seguirá subindo ata o 4 % no mes de marzo.
"Agora as autoridades financeiras europeas, que son realmente as únicas que poden regular o euríbor, a tendencia é claramente a suba e non descartamos que poida chegar ao 4 %. Nunha hipoteca de 150.000 euros, que é a media, a 25 anos a suba vai ser este ano de 3.000 euros por persoa", di Karina Fábregas, avogada e vogal da xunta directiva de Adicae.
Desde Adicae consideran que as medidas adoptadas polo Goberno son "insuficientes" en canto á reforma do Código de boas prácticas bancarias, coa que se pretendía protexer os fogares máis vulnerables do encarecemento das hipotecas.
"Se agora a vantaxe que temos é que todas as entidades teñen ese Código de boas prácticas, que non sexa utilizado xa no límite cando estamos a piques de ser executados, senón nos primeiros tramos, que é a suspensión, a novación, quitar as comisións... Hai moito aínda que regular", engade Karina Fábregas.
Desde a Asociación de Usuarios de Bancos Caixas e Seguros (Adicae) indican que están a realizar trámites coa Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia porque aseguran que as entidades financeiras pode que teñan acordos para limitar os prezos das hipotecas a tipo fixo.