Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Baleira, que arrasou 1.400 hectáreas

Extinguido o incendio de Baleira, que arrasou 1.400 hectáreas

A consellería do Medio Rural mantén como controlados os incendios de Alfoz e Viveiro. 

G24.gal 31/03/2023 09:44 Última actualización 31/03/2023 18:15

O incendio que arrasou 1.400 hectáreas en Baleira quedo extinguido no mediodía deste venres .

A Garda Civil imputou en calidade de investigado un veciño de Lugo de 78 anos de idade como suposto autor material do incendio por unha imprudencia grave cometida ao realizar unha queima de restos forestais sen autorización administrativa.

O informe técnico establece que o lume comezou no lugar de Cabreira, e por mor dos "fortes refachos de vento e unha humidade relativa moi baixa", o agora investigado perdeu o control da queima.

Así mesmo, a Garda Civil destacou que, debido a este incendio, viuse afectada unha zona de especial conservación, localizada na Marronda.

As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada.

Medio Rural mantén como controlado o incendio de Alfoz, con 120 hectáreas queimadas, e o de Viveiro, con 90 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade