Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controvertida ordenanza en Vigo por retirar como abandonados coches aparcados na rúa

Controvertida ordenanza en Vigo por retirar como abandonados coches aparcados na rúa

Considérase abandono deixalos sen mover na rúa máis de quince días 

G24.gal 22/08/2022 19:33

Na cidade de Vigo pode saír caro deixar estacionado o coche na rúa para aforrar o aparcamento cando un marcha de vacacións máis de quince días.

Unha ordenanza municipal considera que ás dúas semanas sen movelo o vehículo está en abandono e os operarios retírano ao depósito do concello. Para a cidadanía, en xeral, é pouco tempo e cren que o máis lóxico sería alomenos un mes. 

"É pouco tempo porque os que non teñan praza de estacionamento e vaian de vacacións, cando chegan teñen que pagar dúas veces. Paréceme pouco tempo, tiña que ser polo menos un mes"

A custodia no depósito son 140 euros as seis primeiras horas e 10,75 diarios ata que o propietario o retira. Foi o que aforrou unha veciña do barrio de San Roque que á volta de vacacións tivo que ir buscar aló o seu coche.

Non tivo que pagar porque puido demostrar que o aparcara antes dos advertencias policiais previas ás festas do barrio. A ordenanza suscita controversia.

 "Hai zonas como en Teis que hai coches que levan seis meses ou toda a pandemia e están abandonados cos cristais rotos e ninguén fai nada"

Aparcar en Vigo é difícil e caro. Hai aparcamentos públicos gratuítos en Bouzas ou en Castrelos pero no centro cómpre usar aparcamentos privados que custan 4 euros de media por dúas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade