Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conviven as 24 horas co ruído da dragaxe da ría do Burgo, nun traballo que entenden necesario

Conviven as 24 horas co ruído da dragaxe da ría do Burgo, nun traballo que entenden necesario

Os veciños din que os ruídos son soportables e cren que os acabarán interiorizando

G24.gal 03/05/2023 14:16

A ría do Burgo, na Coruña, está sumida desde hai algunhas semanas nuns traballos de dragaxe que non se interrompen nin pola noite.

Algún veciño comenta que os ruídos provocados polos labores que realiza unha draga amolan ás veces, sobre todo, cando se deitan a descansar e durmir. 

Pero a meirande parte dos residentes din que a bulla é soportable e os traballos, imprescindibles para a recuperación desa zona para a pesca e o marisqueo.

Din que ao final eses ruídos os van acabar interiorizando como fixeron cos dos trens que pasan a carón das súas vivendas.

Pero terán que aturalos e convivir con eles ata, polo menos, o vindeiro mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade