Publicador de contidos
Publicador de contidos

Convivir deportivo no Valadouro: Homenaxe a Eduardo Fernández Galán

Convivir deportivo no Valadouro: Homenaxe a Eduardo Fernández Galán

Eduardo Fernández Galán está considerado como o pioneiro da información da NBA en España, hai xa 35 anos.

G24.gal 29/06/2022 20:21 Última actualización 30/06/2022 15:46

O xornalista estivo 27 anos nos EUA, primeiro como correspondente da revista Gigantes e logo como colaborador en TVE, con Pedro Barthte, no programa Chócala!!!. Neste Convivir participa Paco Torres, director de Gigantes, e o propio Barthe.

Foi tal o prestixio de Eduardo Fernández Galán que, cando os Celtics viaxaron a Madrid a finais da década dos oitenta, o equipo de Boston convidouno a se desprazar no seu avión privado. Mesmo Michael Jordan garda na súa casa un agasallo da nai de Eduardo, o cal revela a complicidade que tiña coas grandes estrelas do baloncesto americano.

Galán vive agora retirado no Valadouro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade