Cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal para captar fondos europeos
Cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal para captar fondos europeos
Presentarán candidaturas conxuntas para conseguir 200 millóns de euros
Os empresarios galegos e a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal asinan un protocolo de cooperación para aproveitar os fondos europeos.
Un acto en que o vicepresidente da Xunta subliñou a importancia de promover sinerxías para mellorar o tecido empresarial, a competitividade e a mobilidade transfronteiriza.
"Creo que esta alianza vai servir para interconexionar aínda máis os posibles socios de proxectos interesantes e potentes. Interésanos seguir potenciando esta relación que nos permita seguir, por exemplo, homologando títulos de FP ou solucionando os problemas de mobilidade para os que traballan a un e outro lado da fronteira", dixo Alfonso Rueda.
O protocolo contempla presentar candidaturas conxuntas para captar ata 200 millóns de euros en investimentos europeos, e permitirá seguir apostando por sectores como o téxtil, o metal, a automoción ou o turismo.