Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren corenta persoas en Paquistán no peor accidente de autobús nunha década

Morren corenta persoas en Paquistán no peor accidente de autobús nunha década

O vehículo caeu por un barranco e ardeu porque transportaba diésel no teito

G24.gal 29/01/2023 08:40 Última actualización 29/01/2023 10:51

Polo menos corenta persoas morreron e outras catro quedaron feridas este domingo ao caer un autobús por un barranco e incendiarse despois na provincia de Baluchistán, no sur de Paquistán, no peor accidente deste tipo en preto dunha década.

"O autobús estrelouse contra un gardarraíl despois de tomar unha curva pechada, caeu boca abaixo a un barranco de 15 metros e incendiouse", dixo o comisario adxunto da cidade de Bela, Hamza Ajum.

O autobús viaxaba desde a cidade oriental de Quetta ata a meridional de Karachi con 44 persoas a bordo. Segundo o funcionario local, transportaba diésel no teito polo que ao caer, o combustible prendeu e as chamas envolveron o vehículo.

"Case todos os corpos están queimados ata tal punto que non poden ser identificados", asegurou, polo que foron trasladados a Karachi para realizarlles probas de ADN.

O máis grave nunha década

Este accidente de autobús  ocorrido no distrito de Lasbela é o máis grave rexistrado en Paquistán dende que, en xaneiro de 2015, 62 persoas faleceron na colisión dun autobús cheo contra un camión cisterna que transportaba gasolina no sur do país.

No mes de outubro morreron vinte persoas, entre elas 12 menores, tras incendiarse o autocar no que viaxaban despois de que se incendiara tamén no sur.

Accidentes de tráfico

Paquistán conta cun dos índices de accidentes de tráfico máis elevados do mundo debido ao pésimo estado das súas estradas, ás deficiencias dos vehículos e á sobrecarga dos transportes públicos.

Segundo datos do Goberno paquistaní, ao redor de 30.000 persoas morren anualmente na rede viaria do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade