Publicador de contidos
Publicador de contidos

Corpus de Ponteareas: coa flor e o verde preparados, só falta que non chova 

Corpus de Ponteareas: coa flor e o verde preparados, só falta que non chova 

A tradición das alfombras remóntase na vila pontevedresa ao ano 1857

Unhas das moitas veciñas que se afanan estes días en cortar flor para as alfombras
G24.gal 09/06/2023 21:18 Última actualización 10/06/2023 11:47

Case toda a vila entrégase na elaboración das alfombras de Ponteareas nas tres semanas previas ao domingo de Corpus. A vila arrecende ao encherse canto curruncho hai con flores cortadas.

E como de vello, se as flores non abondan ou faltan cores, cómpre apañar as que hai nos camiños e nos campos, o que lle chaman "ir roubar flores".

Os deseños píntanse nas calzadas de 26 rúas para comezar enchelos a tarde do sábado e rematar a madrugada o domingo para que o paso da procesión desfaga en minutos estas obra de arte efémera, como antes pasou os avós dos seus avós. Teñen fotos desde 1912 pero a tradición comezou en 1857. 

"Pero estase acabando porque os rapaces non queren vir aquí traballar, botan unha man na noite para perfilar e axudan moito".

Non esquecen que o cariño co que o fan é un dos ingredientes primordiais para que a súa tradición centenaria siga viva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos