Publicador de contidos
Publicador de contidos

Correos, tres séculos de historia en constante adaptación ás novas necesidades do servizo público

Correos, tres séculos de historia en constante adaptación ás novas necesidades do servizo público

O centro loxístico de Santiago transfórmase ante o auxe do transporte de paquetería 

G24.gal 18/06/2022 15:30

Correos leva máis de tres séculos facendo un servizo público, imprescindible en Galicia polo avellentamento e dispersión da poboación.  Pero como moitas outras empresas ten que adaptarse os novos hábitos de consumo.  

No Foco visita o Centro de Tratamento Automatizado que ten en Santiago para ver o proceso de transformación que requiren as novas necesidades dos seus clientes. Coa pandemia caeu en picado o envío de cartas pero disparouse o de paquetería.

Este centro loxístico conta cunha máquina que pode clasificar 2.500 paquetes cada hora. E este ano Correos investirá 1,8 millóns de euros noutra que duplicará esa capacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade