Cortada a A-52 nos dous sentidos polo incendio dun camión no límite entre Ourense e Zamora
Cortada a A-52 nos dous sentidos polo incendio dun camión no límite entre Ourense e Zamora
O tráfico desviouse pola N-525 entre A Vilavella, en Ourense, e Lubián, en Zamora, entre os quilómetros 117.1 na Vilavella, en Ourense, ata o 107 en Lubián, en Zamora
Hai tamén conxestión ou retencións por circulación irregular n A-52 desde o quilómetro 126 na Gudiña, en Ourense, ao 117 na Vilavella, tamén en Ourense
O incendio dun camión provocou o corte ao tráfico desde as cinco e media da mañá deste domingo dun treito da autovía A-52 Rías Baixas situado no límite entre as provincias de Zamora e Ourense.
O corte da autovía afecta a ambos os sentidos da circulación e establecéronse desvíos alternativos pola nacional 525 entre os quilómetros 107 e 117 desa autovía, entre as saídas de Lubián, en Zamora, e A Vilavella, en Ourense.
O vehículo articulado incendiouse á altura do quilómetro 107 da A-52 no termo municipal de Lubián, nun treito que se atopa en obras e no que estaban activadas as portas antiatasco, de forma que a circulación en ambos os sentidos se realizaba polos carrís dun deles.
A Gada Civil de Tráfico desprazou á zona varias patrullas para regular e desviar o tráfico e activou os paneis informativos a distintas distancias para informar os condutores da situación.
Os equipos de mantemento de estradas traballan para liberar a estrada e poder restablecer a circulación con normalidade.
Tamén se están a rexistar retencións e conxestións no tráfico nesta autovía por circulación irregular desde o quilómetro 126 na Gudiña en Ourense ao quilómetro 117 na Vilavella tamén en Ourense.
#AXEGAInforma que, debido a este incendio en #Zamora, hai retencións tanto na A52 como na N525, na saída de Galicia por Ourense.
— 112Galicia (@112Galicia) August 27, 2023
Estamos a coordinar, xunto coas agrupacións de Protección Civil e o Concello da Mezquita, o envío de abastecemento ás persoas afectadas https://t.co/F76gWZz3x6