Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia provoca asolagamentos e cortes de estradas na provincia da Coruña

A chuvia provoca asolagamentos e cortes de estradas na provincia da Coruña

Cortada a AG64 ao seu paso por Narón
G24.gal 23/12/2022 17:41 Última actualización 23/12/2022 21:29

As chuvias provocaron esta tarde preto de 190 incidencias en Galicia. A maior parte concentráronse na provincia da Coruña. Os concellos máis afectados foron os de Ferrol, Narón, Cedeira, Mugardos, Valdoviño, a comarca de Bergantiños e Santiago.

En Narón, a auga obrigou a cortar o tránsito na AG-64 en ambos sentidos debido ao rebordamento do río e aos asolagamentos da vía.

A auga tamén está causando problemas na F-11 que une a autoestrada AP9 co Polígono da Gándara.

Outras moitas estradas están invadidas por fervenzas espontáneas que impiden o paso de vehículos. É o caso da DP-3603, que vai de Ferrol a Covas, preto de Canteiras Ferrolanas.

Fervenza sobre a estrada que une Ferrol e Covas

Tamén as chuvias están deixando imaxes de rebordos e fervenzas a pé de estrada, como en Arteixo.

Chuvias fortes en Arteixo

Nas rúas de Pontedeume, a auga dificulta tamén o tránsito de vehículos.

Na Coruña a auga inundou parcialmente o aparcadoiro dos Cantóns.

E en Santiago, os bombeiros traballan nun asolagamento na zona de Sar.

Bombeiros traballando no Sar, en Santiago Bombeiros traballando no Sar, en Santiago

O aviso laranxa por choivas continúa activo no suroeste da provincia da Coruña ata as 6 da noite. 

No resto da Comunidade mantense o aviso amarelo por precipitacións.

Tamén está activo o Plan Inungal debido á necesidade de establecer un control e seguimento do nivel dos ríos ante a posibilidade de que se produzan desbordamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade