Cortan o tráfico na rolda de Outeiro para protestar polo proxecto de humanización
Cortan o tráfico na rolda de Outeiro para protestar polo proxecto de humanización
Veciños das coñecidas como as Casas de Franco quéixanse, sobre todo, pola construción dun muro diante dos seus edificios
Veciños das coñecidas como as Casas de Franco, na Coruña, cortaron este mediodía o tráfico durante quince minutos para protestar polo proxecto de humanización da contorna, sobre todo, pola construción dun muro diante dos seus edificios.
"Con ese muro, os veciños quedan como nunha ratoeira. Vai haber delincuencia...", "As persoas con problemas de mobilidade non terán accesos". "Vanse eliminar arredor de vinte prazas de aparcamento" "E quitáronos os contedores do lixo e agora temos que ir lonxe", explican os veciños.
Din que as obras son necesarias, pero non do xeito en que as queren facer.
"Non queremos parar as obras, o que non queremos é do muro".
A comezos de mes xa conseguiron reunir máis de medio milleiro de sinaturas.
"Esas xa as entregamos, agora estamos a recoller máis. O que queremos é que se reúnan con nós". "Co muro, quedariamos illados". "Como levanten o muro, imos tiralo... que aínda nos quedan forzas para iso".