Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crean a comunidade enerxética de Barbadás para reducir a factura eléctrica

Crean a comunidade enerxética de Barbadás para reducir a factura eléctrica

Instalarán paneis fotovoltaicos nos edificios públicos municipais

Os excedentes de electricidade beneficiarán a veciños e negocios

G24.gal 06/04/2024 13:36 Última actualización 06/04/2024 14:15

O tellado da pista deportiva de Sobrado do Bispo é o primeiro espazo público escollido en Barbadás para a instalación de placas solares. A enerxía acumulada vaise verter na rede eléctrica xeral e suporá un aforro na factura para uns 1.500 veciños desta parte do concello.

Para iso, foi preciso constituír unha comunidade enerxética á que poden sumarse todos os habitantes e negocios de Barbadás.

O proxecto vaise executar con fondos europeos e agárdase que nun futuro se poidan colocar placas solares nos 24 edificios públicos cos que conta o concello. Un paso importante será chegar a dar servizo as industrias de tamaño medio que hai na zona da Valenzá.

Ademais do aforro económico, a aposta da comunidade enerxética é incidir na descarbonización e na sustentabilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos