Publicador de contidos
Publicador de contidos

Criadores de ovella galegos aprenden en Francia novas técnicas de manexo e xestión

Criadores de ovella galegos aprenden en Francia novas técnicas de manexo e xestión

Galicia produce menos do 50 % da carne de cordeiro que consome

Relevo xeracional, falta de terreos e convivencia co lobo son retos pendentes

G24.gal 14/09/2023 19:56 Última actualización 14/09/2023 20:07

En Galicia consómense anualmente preto de 2.000 toneladas de carne de año, pero só se producen 900. Rematar con ese desequilibrio foi un dos obxectivos dos gandeiros e técnicos que se desprazaron a diferentes rexións de Francia nunha viaxe formativa. Galicia conta con máis de 16.000 explotacións, pero a maior parte son para autoconsumo e só 57 están profesionalizadas. Algo que tamén se quere mellorar a curto prazo aprendendo de experiencias noutros países.

A Borgoña e Lemosín foron dúas das rexións visitadas. Alí están a combater a falta de remuda xeracional con incorporacións de persoas alleas ao sector e levan anos con programas de convivencia entre lobo e gandería. Se ben o sector francés é moi diferente do galego, as experiencias individuais poden ter aplicación aquí.

A viaxe foi financiada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que tamén formalizou a compra de exemplares de ovella francesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade