Cargando resultados...
O Foro da La busca saídas comerciais para o pelame de ovellas e cabras
O Foro da La busca saídas comerciais para o pelame de ovellas e cabras
Está considerada un subproduto animal e acumulala nas explotacións supón reducir o espazo
G24.gal
14/09/2024 21:21
Última actualización 14/09/2024 21:56
De materia básica a subproduto. Así é como se considera a la de ovellas e cabras, xa que apenas ten saída. O Foro da La, que se celebra en Lugo, reivindica a importancia desta fibra.
Calcúlase que, como media, unha ovella deixa tres quilos de la. En Galicia cóntase que hai case 150.000 animais polo que cada anos xeran cincocentas toneladas.
No encontro achéganse algunhas posibilidades de uso. Precisamente para pór en valor este produto a Asociación de Criadores de Ovellas e Cabras reúne ata 25 proxectos.