Varias ovellas e cabras foron vítimas dos lobos en Mondoñedo
Varias ovellas e cabras foron vítimas dos lobos en Mondoñedo
Preocupación entre os veciños ante a proximidade dos ataques a zonas habitadas
Os gandeiros urxen a que se controle a poboación de lobos
Preocupación nos veciños de varias parroquias de Mondoñedo pola actividade do lobo na zona. Nos últimos días producíronse varios ataques en que morreron cabras e ovellas. O desacougo é maior porque os ataques dos lobos producíronse moi preto de casas habitadas.
A Manuel o lobo matoulle tres cabras. A apenas tres quilómetros de distancia, José observa os cadáveres das tres ovellas que lle mataron. "O ano pasado matoume cabras e este ano é o segundo que mata ovellas".
Lóxico desgusto pola perda do gando. Pero alarma tamén porque a actividade do lobo se produciu a poucos metros de zonas habitadas. "A menos de cen metros hai casas, con iluminación pública e todo. Non teñen medo ningún".
Os gandeiros piden, unha vez máis, que se tomen medidas para o control da especie.