Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gandeiro de Baños de Molgas denuncia que o lobo lle matou seis ovellas e feriu outras catro

Un gandeiro de Baños de Molgas denuncia que o lobo lle matou seis ovellas e feriu outras catro

O propietario dos animais atopouse cunha desfeita ao chegar pola mañá á leira na que pasaran a noite as ovellas

G24.gal 13/06/2024 14:03

Vaia desgusto levou José Luís Salgado cando ao chegar pola mañá á leira, na que pasaran a noite as ovellas, e viu a desfeita.

Matáronlle tres carneiros e tres ovellas e outras catro quedaron feridas. Este gandeiro ten máis de cen ovellas e setenta vacas e teme que lle volva pasar.

En Formigoso están convencidos de que foi o lobo o que fixo este brutal ataque no medio da aldea.

O ataque é compatible co lobo pero, segundo Medio Ambiente, é moi difícil de asegurar, xa que as feridas que provocan estes animais son moi semellantes ás que faría un can salvaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade