Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crise no sector gandeiro galego polos prezos e o abastecemento

Crise no sector gandeiro galego polos prezos e o abastecemento

Quéixanse de que co que gañan non dan pagado o que gastan

G24.gal 27/03/2022 14:04

Estamos nunha das 29.000 explotacións de vacún que hai en Galicia. Son 50 vacas rubias e quen as atende é Ruben, un mozo de 29 anos que se incorporou á explotación aos 18.
Factura uns 40.000 euros ao ano e tense que axudar dos 25.000 euros que reciber da PAC para pagar os gastos da granxa.

As contas non lle dan e el foi un dos gandeiros que a semana pasada estaba nas portas dos matadoiros.

Tamén en Friol, a uns vinte quilómetros, está a granxa de Pacita, que a ten máis diversificada xa que, ademais de porcos e 150 vacas de leite, ten unha fábrica de queixos coa que leva 25 anos.

Nesta situación que vivimos, polo dea gora, non tivo problema de abastecemento, pero o que máis medo lle pon son os 220 cochos que ten.

Pacita e Rubén son emprendedores do rural, unha opción de vida que esixe un gran compromiso. Tanto é así que, malia todas as dificultades que está pasando o sector, os dous queren que os seus respectivos fillos continúen por este camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade