Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristina Cantero: "Tiñamos moitas gañas de vencer de novo na casa e celebralo coa afección"

Cristina Cantero: "Tiñamos moitas gañas de vencer de novo na casa e celebralo coa afección"

A adestradora do Celta analizou a gran vitoria ante Salamanca

G24.gal 23/12/2023 10:33

Dende o 2008 non derrotaba o conxunto vigués ao todopoderoso Avenida. Tivo que ser ás portas do día de Nadal cando por fin rompeu esa serie negativa nunha tarde para a lembranza da afección viguesa. 

Tras o encontro, a técnico Cristina Cantero conversou co Galicia en goles para analizar este partido e o que levamos de temporada.

"Tiñamos tantas gañas de vencer na casa, de celebralo coa afección... Ves as caras da xente, como o vive. Foi unha ilusión tremenda e que o desfruten con nós. Xa avisei ás xogadoras que elas ían vir, que sempre volven. Ademais, eses dous últimos minutos co noso medo a gañar, con erros parvos que nos están a pasar en moitos partidos, é certo que me preocupei. O equipo vai crecendo e conxuntándose. Para gañar necesitamos ser moi colectivas, cubrirnos unhas ás outras. Cando non chegan ás vitorias xorden ás dúbidas. A xente goza dos partidos, cun sorriso. A xente ten moitas gañas de baloncesto de nivel. Temos que traballar moito o que está na nosa man, coas armas que teñamos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar