Publicador de contidos
Publicador de contidos

Críticas da Fiscalía Europea a Delgado por non entregar o caso do contrato do irmán de Ayuso

Críticas da Fiscalía Europea a Delgado por non entregar o caso do contrato do irmán de Ayuso

Bruxelas cre que a decisión na disputa de competencias lle corresponde ao Tribunal de Xustiza da UE 

G24.gal 01/04/2022 18:04

A Comisión Europea defende que Bruxelas decida quen debe investigar o contrato das máscaras do irmán de Ayuso.

O tribunal da Unión europea estuda as diferenzas de criterio entre as fiscalías española e comunitaria. A fiscala española, Dolores Delgado, cre que o caso ten que quedar en Madrid.

Pero a Fiscalía Europea non pensa o mesmo sobre a decisión do Ministerio Público español de deixar en Madrid a investigación. A institución europea considera que Delgado actúa de xeito parcial, sen escoitar as partes, e chega a acusar o organismo español de desafiar a supremacía da normativa da Unión Europea por riba da estatal.

Se a Comisión Europea cre que un Estado membro non cumpre a lexislación europea, pode abrir un procedemento de infracción que podería rematar ante o Tribunal de Xusticia da UE se o membro en cuestión non atende as peticións previas de Bruxelas. Para a Fiscalía Europea a decisión de Delgado de dividir a competencia sobre o caso do irmán de Ayuso entre a Fiscalía Anticorrupción e a Europea non se axusta á lexislación europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade