Publicador de contidos
Publicador de contidos

A psiquiatra que atendeu a Sandamil: "Creo que aquela noite estaba psicótica"

A psiquiatra que atendeu a Sandamil: "Creo que aquela noite estaba psicótica"

"Tiña as facultades alteradas de xeito grave", dixo sobre o estado da acusada tras a morte de Desirée

 

G24.gal 02/03/2023 13:17

Nesta cuarta xornada do xuízo na Audiencia Provincial de Lugo a Ana Sandamil, acusada de ser a presunta autora da morte da súa filla, comparecen investigadores, médicos e psiquiatras, que foron os primeiros en atendela. Unha das testemuñas indicaba que presentaba síntomas psicóticos.

"Os síntomas psicóticos poden estar en distintas enfermidades en psiquiatría. Podería ser unha depresión con síntomas psicóticos, poderían ser varias cousas. Despois, ao longo do ingreso, pareceume que o que predominaban só eran os síntomas psicóticos, por iso o diagnóstico foi máis de cadro psicótico ca doutras enfermidades" afirmou a psiquiatra Verónica Ferro.

Arredor da saúde mental da acusada xira o argumento da acusación. 

"Nós consideramos que aínda de que ela presentaba un trastorno de personalidade, con tons ou con ideacións psicóticas, nós entendemos que o día dos feitos ou ben sabía o que facía, estaba en pleno uso das súas facultades, ou ben, como dixeron desde un principio os forenses, estaban parcialmente limitadas nada máis", dixo o avogado da acusación particular, Manuel Ferreiro.

Tamén fan fincapé na busca reiterada de información sobre velenos. 

"Ata quince buscas o 26 de abril, e ela di que puido ser o seu tío Cirilo quen fixo esa busca a través de Internet, pero hoxe en certo modo é determinante", afirmou Francisco José Lago, avogado da acusación popular.

Cos ánimos decaídos, o pai da vítima valoraba as declaracións dos axentes.

"Mencionaron o tema do pixama da presunta asasina escondido baixo da cama, que non era accidentalmente, senón que estaba escondido a propósito, e esas son as declaracións que de verdade deberían de ter en conta", declarou José Manuel Leal, pai da pequena Desirée.

Esta repetición do xuízo aínda contempla dúas xornadas máis, antes de que o xurado emita o seu ditame sobre a autoría do crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade