Cuba vive un novo apagamento total cando tentaba recuperarse do colapso do venres
Cuba vive un novo apagamento total cando tentaba recuperarse do colapso do venres
A recuperación do servizo nalgúns puntos da Habana apenas durou unhas horas
A reparación tardará uns días porque a industria eléctrica cubana está moi deteriorada e o Goberno non ten fondos para reparala
Cuba sufriu un segundo apagamento este sábado, apenas unhas horas despois de que as autoridades anunciaran que se estaba recuperando pouco a pouco a electricidade.
O servizo tardará días en restablecerse porque a industria eléctrica cubana está moi deteriorada e o goberno non ten fondos para reparala.
A maioría dos 10 millóns de residentes do país pasaron a noite do venres ao sábado sen electricidade e no medio de fogueiras e candeas. Con todo, un grupo de veciños
atopou algo positivo na situación. "Para que nos imos desgustar, hai que compartir; mira, nunca falara con esta veciña e hoxe teño a oportunidade".
Na madrugada do sábado algunhas zonas da Habana, incluídos varios hospitais, viron acenderse as luces durante un momento antes de volver apagarse e producirse outra vez a desconexión total. É o segundo apagamento en dous días tras a avaría rexistrada na central de Guiteras, unha das principais plantas xeradoras do sector.
"E agora quedamos sen Internet tamén e no restaurante non había comida porque faltaba enerxía".
O presidente do país asegura que os técnicos van traballar sen descanso para restablecer o servizo. Pero probablemente tardarán días porque a industria eléctrica cubana está moi deteriorada.
En 40 anos de uso non houbo investimentos nin traballos de mantemento. E falta combustible e divisas para mercalo. O país produce pouco e os socios que o subministraban, como Venezuela, e tamén Moscova e México, reduciron as súas entregas.