Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cumio europeo sen acordo sobre as receitas para afrontar a crise enerxética

Cumio europeo sen acordo sobre as receitas para afrontar a crise enerxética

España, Francia ou Italia queren limitar o prezo do gas para rebaixar a factura eléctrica

Alemaña ou Holanda alertan de que podería pór en risco a subministración

España defenderá a necesidade de ampliar a toda Europa a chamada "excepción ibérica"

O cumio dos líderes europeos comeza esta tarde e remata mañá
G24.gal 20/10/2022 12:42

Segunda reunión en quince días e un mesmo obxectivo: reducir os prezos enerxéticos.

Europa dividida senta fronte a fronte hoxe e mañá no cumio de outono. As sensacións son malas pero a presidenta da Comisión chama á unidade e solidariedade para facerlle fronte a chantaxe enerxética de Putin. 

É probable que se poñan de acordo nas compras conxuntas de gas, pero seguen tan afastados como hai meses en se hai que limitar, ou non, o seu prezo. 

Hai unha ampla maioría de países que si queren. Aí están España, Francia, Italia e mesmo Suecia. Defenden que provocará unha rebaixa inmediata da luz. No lado contrario, Alemaña, Holanda e agora tamén Hungría. 

O primeiro ministro holandés non ve necesidade de dar ese paso. Argumenta que o prezo do gas baixou considerablemente nas últimas semanas e non se agardan problemas ata a primavera de 2023 porque os tanques europeos están cheos case ao cen por cento 

A xuntanza será complexa e difícil, advirte o presidente do Consello. Charles Michel pregúntalle aos xefes de Estado e Goberno se están listos para traballar xuntos. 

España defenderá estender a toda Europa a chamada excepción ibérica. A proposta gusta pero aínda non hai nada firme. 

A discusión será longa e, en Bruxelas, agardan que polo menos haxa algún tipo de acordo de mínimos para evitar unha mensaxe de debilidade fronte á chantaxe enerxética de Putin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade