Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez anos do asasinato de Elisa Abruñedo e a investigación policial segue aberta

Dez anos do asasinato de Elisa Abruñedo e a investigación policial segue aberta

A UCO logrou illar o perfil xenético do asasino, proba que se converteu en peza central da investigación

G24.gal 31/08/2023 21:50 Última actualización 31/08/2023 22:17

Hai un mes Adrián Fernández Abruñedo, fillo de Elisa, recibiu a última chamada do equipo da Garda Civil que investiga o asasinato da súa nai: "Seguen traballando. O caso non está pechado, nin abandonado. Seguen cos cribados e imaxino que o que quererán é dar cun familiar do asasino ou algo así, e tirar por aí para localizalo".  

A UCO incorporouse ao caso ai pouco máis dun ano. Logrou illar o perfil xenético do asasino, proba que se converteu en peza central da investigación e que a familia valora como un paso adiante para poder identificalo. Para Adrián isto "é bo para o caso porque, por un lado, non se esquece; e, por outro, non se esquece. A esperanza é de por fin apareza. Será máis tarde ou máis cedo, pero ten que aparecer. Iso é o que quero pensar porque se pensas que non vai aparecer nunca é como unha fallarlle a miña nai".

Elisa Abruñedo tiña 46 anos. O 1 de setembro de 2013 saíra pasear pola contorna da súa casa e xa non regresou. Foi asasinada tras ser agredida sexualmente. O seu corpo apareceu a escasos metros da vivenda. A familia reclama visibilidade para este tipo de casos non resoltos porque "que se esqueza un caso sen resolver doe. Pido que se dea visibilidade a todos os casos de Galicia e España que se encontren nesta situación". 

Transcorreron dez anos, pero Adrián mantén confianza plena na resolución do asasinato da súa nai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade