Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai dous anos do decreto do estado de alarma e o inicio do confinamento domiciliario

Fai dous anos do decreto do estado de alarma e o inicio do confinamento domiciliario

 O imparable avance do virus obrigou a prorrogar o confinamento 3 meses, ata o 21 de xuño

G24.gal 15/03/2022 14:15

"Queda na casa" sería o imperativo máis usado no período de confinamento que empezaba en todo o territorio español hai dous anos no intento de frear a propagación do coronavirus.
O pedimento para o amplo colectivo de profesionais vencellados coa saída era o contrario, porque a súa acción foi continua. E mesmo recoñecida publicamente un tempo. 

Tamén tiñan que desenvolver o seu traballo nunhas circunstancias descoñecidas que traballaban na cadea vencellada coa alimentación e con todos os demais servizos esenciais.

Por non haber, ao principio non había nin máscaras, que tanto abundan desde hai uns meses no mercado e sobre as que agora se debate cando cesará a obriga de usalas en interiores.

Nestes dous anos a investigacións científica foi aumentando o coñecemento sobre o coronavirus, pero aínda quedan incógnitas, como a orixe e o futuro desta enfermidade. Ata o de agora, van varias mutacións compartimentadas en seis ondas que deixan en Galicia máis de 3.150 persoas falecidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade