Cargando resultados...
Dúas irmás de Beariz suman entre elas 200 anos
Dúas irmás de Beariz suman entre elas 200 anos
Dorinda ten 98 anos e Dolores 102
G24.gal
25/10/2021 19:45
A Dorinda non hai quen lle bote 98 anos; a súa irmá Dolores ten catro máis. De traballar xa lles chegou ás dúas dabondo. Dende ben meniñas ían ao toxo, á leña e co gando, Dolores emigrou de moza a Venezuela; Dorinda con 14 xa ía á mina.
Con douscentos anos entre as dúas están preparando o xantar de hoxe. Comer ben é un dos segredos que desvelan para a lonxevidade destas dúas veciñas de Beariz.
Cóidanse moito mutuamente e, malia as necesidades que padeceron, teñen alegría de vivir.