Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen dúas mulleres en relación ao crime do Barco de Valdeorras

Deteñen dúas mulleres en relación ao crime do Barco de Valdeorras

O suposto homicidio tivo lugar o pasado setembro nunha vivenda dese municipio 

O caso atópase baixo segredo de sumario

G24.gal 16/11/2021 18:50

Dúas mulleres foron detidas como sospeitosas do suposto homicidio doutra muller nunha vivenda do municipio ourensán do Barco de Valdeorras. As detidas son dúas mulleres de nacionalidades nixeriana e brasileira, presuntamente implicadas no crime. 

O corpo sen vida da vítima fora achado o pasado 10 de setembro con signos de violencia. A falecida era de Paraguai, Leticia Magalí Sanabria, e ata o momento descoñécese o móbil do crime.

As detencións foron levadas a cabo por axentes da Garda Civil en servizo de Policía Xudicial baixo a chamada operación Horus. 

O Xulgado de Instrución do Barco de Valdeorras e a Fiscalía Provincial de Ourense levan a investigación do caso, que se atopa baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade