Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pumas UNAM do fútbol mexicano despide a Dani Alves tras entrar en prisión

O Pumas UNAM do fútbol mexicano despide a Dani Alves tras entrar en prisión

Está acusado de violar unha moza nunha discoteca de Barcelona

G24.gal 21/01/2023 08:34 Última actualización 21/01/2023 10:37

O Pumas UNAM do fútbol mexicano despediu o lateral brasileiro Dani Alves tras ingresar nunha prisión de Barcelona acusado de violar unha moza o día 31 de decembro no baño dunha discoteca da cidade condal.

"Coa información acontecida sobre o proceso legal ao que se enfronta o xogador Dani Alves e polo cal se atopa detido en España, determinamos comunicar que o Club Universidade decidiu rescindir con causa xustificada o contrato laboral co xogador Dani Alves a partir deste día", explicou o presidente do club, Leopoldo Silva, nunha rolda de prensa programada de última hora.

A dirección do equipo, que considera o ocorrido unha "acción intolerable", considera que con esta decisión "reitera o seu compromiso de non tolerar actos de ningún integrante da nosa institución, sexa quen sexa, que atenten contra o espírito universitario e os seus valores".

A xuíza que leva o caso de Alves decretou este venres a prisión provisional sen dereito a fianza para o xogador porque considera que o brasileiro presenta un elevado risco de fuga dadas as súas capacidades económicas, ademais de que reside fóra de España, en México.

O futbolista de 39 anos chegou ao Pumas en xullo de 2022 como reforzo estelar da liga mexicana previo ao Apertura 2022. Alves escolleu o equipo para estar listo na Copa do Mundo de Qatar 2022 que xogou coa selección brasileira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade