Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dani Rodríguez: "Para nós é mellor que non xogue Iago Aspas"

Dani Rodríguez: "Para nós é mellor que non xogue Iago Aspas"

O xogador de Betanzos, que é un fixo no equipo que adestra Luis García, recoñece que o Celta pode notar a baixa do de Moaña

Condidera o equipo vigués un rival directo na loita por eludir o descenso

Di que está no seu mellor momento deportivo e confía en renovar no cadro balear

G24.gal 09/12/2021 22:23

Na previa do Mallorca-Celta o xogador galego do equipo balear, Dani Rodríguez, xogou 'Ao contraataque". O betanceiro recoñeceu que a ausencia de Iago Aspas favorece o seu equipo e valorou o bo momento que está vivindo na institución mallorquina:

"O Celta ten grandísimos xogadores, moi bo equipo. A baixa de Iago é moi importante para eles. É o xogador que marca diferenzas. Para nós é mellor que non xogue. É un partido moi importante para os dous. O que sexa máis intenso e domine as áreas gañará o partido. A nosa diferenza respecto a hai dúas temporadas é que temos moitas máis opcións de xogadores de ataque. Na casa temos que facernos máis fortes. Por aí pasa a permanencia. Tamén xogamos como locais con moitos equipos da zona alta. O do Celta é o partido máis importante. Para nós é un rival directo. Creo que estou nun gran momento. Luis García tamén confía en min e sínto que son moi importante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade