Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha nena de 11 anos ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

Morre unha nena de 11 anos ao caer dun sétimo andar nun hotel de Mallorca

A nena estaba de vacacións coa familia e precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo

A pesar dos intentos por reanimala, non puideron salvarlle a vida

G24.gal 22/07/2024 21:16 Última actualización 22/07/2024 21:20

Unha nena irlandesa de 11 anos falecía ao caer dende o sétimo andar dun edificio nun hotel de Mallorca. 

A pesar dos intentos por reanimala, non puideron salvarlle a vida. Ao parecer, a nena estaba de vacacións coa familia e precipitouse dende a terraza mentres os pais estaban durmindo.

A Garda Civil investiga as circunstancias do suceso, aínda que todo apunta a unha caída accidental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade