Publicador de contidos
Publicador de contidos

De alta o bebé ferido no accidente de circulación en que morreron dúas persoas o sábado en Lugo

De alta o bebé ferido no accidente de circulación en que morreron dúas persoas o sábado en Lugo

Un dos adultos feridos no sinistro atópase hospitalizado na unidade de coidados intensivos

G24.gal 28/08/2023 12:24

Os facultativos do Hospital Lucus Augusti deron de alta o bebé que quedou ferido no accidente rexistrado na noite do sábado en Lugo, en que faleceron dúas persoas.

Segundo trasladaron fontes da área sanitaria de Lugo, permanecen ingresadas no HULA catro das oito persoas que viaxaban nos dous coches que impactaron frontalmente cando circulaban pola avenida das Américas minutos despois das dez da noite.

Un dos adultos feridos no sinistro atópase hospitalizado na unidade de coidados intensivos, mentres que os outros tres están ingresados en planta e presentan evolución favorable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade