Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza repite na selección e Hugo Álvarez vai coa sub-21 por primeira vez

Mingueza repite na selección e Hugo Álvarez vai coa sub-21 por primeira vez

En setembro, Mingueza xa foi chamado por De la Fuente, pero non chegou a ter minutos

Damián Rodríguez non repite con Santi Denia

G24.gal 04/10/2024 11:48 Última actualización 04/10/2024 15:41

O futbolista do Celta Óscar Mingueza repite convocatoria coa selección española absoluta. Do mesmo xeito que fixera en setembro, Luis de la Fuente conta co canteirán do Barcelona, que protagonizara un gran arranque na terceira tempada en que viches a elástica celeste.

Ao combinado español espéranlle dous compromisos da liga de Nacións: ante Dinamarca, o sábado 12 de outubro en Murcia, e contra Serbia, o martes 15 en en Córdoba.

Mingueza foi un fixo nas aliñacións de Claudio Giráldez, aínda que se dá o paradoxo de que en laprimera xornada ía partir como suplente e foi unha lesión de Mihailo Ristic a que lle abriu as portas da titularidade. En setembro, Mingueza xa foi chamado por De la Fuente, pero non chegou a ter minutos.

O canteirán do Celta, Hugo Álvarez,  recibiu por primeira vez a chamada da selección española sub-21, na que é o único representante celeste ao non repetir respecto a setembro Damián Rodríguez.

"Non agardaba a chamada. É un ánimo extra para seguir traballando e mellorar"

Si hai outro galego, o gondomareño cedido polo Wolverhampton no Feyenoord Hugo Bueno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos