Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deberían empezar as clases da ESO ás 11 da mañá?

Deberían empezar as clases da ESO ás 11 da mañá?

Volve o debate sobre a xornada escolar partida ou intensiva

Un experto aconsella partida e que as clases na ESO empecen ás 11 da mañá

Segundo un estudo, os adolescentes non renden a primeira hora da mañá
G24.gal 01/09/2023 14:39

"A moitas persoas gústalles durmir moito, érguense moi cansas e non renden tan ben", comenta unha nena.

Un estudo sobre horario escolar conclúe que a xornada continua é menos saudable e, pola contra, a partida adecuaríase mellor ao ritmos de vida do alumnado, sobre todo no caso dos adolescentes.

 "Conforme van facéndose máis maiores e entran na puberdade os nenos van atrasando o seu cliclo circadiano, precisan durmir cada vez máis, menos de tarde noite e máis de madrugada mañá", explica Daniel Gabaldón, profesor de Socioloxía e autor do estudo.

Por iso propón que as clases na ESO comencen a partir das 11 ou 12 da mañá para non partirlles o sono pola metade.

"Non están podendo descansar, non están podendo aproveitar a maioría das horas que lles impartimos, estamos tirando recursos públicos directamente ao lixo porque os nenos non están na súa capacidade fisiolóxica para estar atendendo clases tan cedo", continúa Daniel

Esta proposta non é tan pioneira:

 "Por exemplo, en Francia funciona desa maneira, como dis, empezar máis tarde e facer a concentración en poucas horas pola mañá e prolongar un pouco máis ata o mellor as cinco", apunta un señor.

Este horario sería para moitos pais moi complicado

 "Para os pais creo que é difícil, ou cambia tamén a xornada laboral para os pais ou é complicado", relata unha nai.

  "Ás veces este debate, realmente está moito máis centrado estritamente no que é a conciliación, e iso fai esquecer un pouco ao neno e á nena", expón Esther Martínez, presidenta da FANPA Compostela.

De aí que sexa importante decidir en quen debemos pensar primeiro

 "Nos nenos, por suposto, a educación ante todo, os nenos son o noso futuro", conclúe unha señora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade