Decepción co acordo do Cumio do Clima, aínda que no Goberno ven aspectos positivos
Decepción co acordo do Cumio do Clima, aínda que no Goberno ven aspectos positivos
A vicepresidenta Teresa Ribera considera que "vai máis aló" dos Acordos de París en materia de temperatura planetaria
O Cumio do Cima de Glasgow rematou cunha declaración final que rebaixa sensiblemente as aspiracións iniciais, aínda que a vicepresidenta do Goberno, Teresa Ribera, considera que presenta aspectos positivos.
O acordo, que se coñeceu este sábado pola noite, reduce sensiblemente as esixencias para a eliminación progresiva do carbón e dos combustibles fósiles. Non fixa prazos concretos e tampouco lles pecha a porta definitivamente ás centrais térmicas.
Malia iso, a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, estima que é un texto ambicioso no referido ao aumento da temperatura planetaria:
"O texto dá un paso máis aló de París, o texto cambia a orde de prioridade. En lugar de destacar que o obxectivo é manternos no contorno de dous graos centígrados e o menos posible e próximo a 1,5, formula toda a actuación para poder garantir que 1,5 estea ao alcance do conxunto da humanidade".