Cargando resultados...
O programa solidario 'A radio conta' da Coruña chega á décima edición
O programa solidario 'A radio conta' da Coruña chega á décima edición
Nesta ocasión o apoio vai dirixido a Asociación de Dano Cerebral da Coruña
G24.gal
30/11/2022 14:24
'A radio conta', o programa que une oito radios públicas e privadas coruñesas, chega este ano á súa décima edición. Unha década de solidariedade que desta volta se celebrará cun programa dedicado a ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña.
Nesta edición, entre outros, pasarán polo Teatro Rosalía o 14 de decembro os cineastas Jorge e Pepe Coira, a actriz Mabel Rivera, a cantante Ses ou o humorista Xosé Antonio Touriñán.