Os gardas testifican que había sinais de violencia e que sorprendía a calma de Ana Sandamil
Os gardas testifican que había sinais de violencia e que sorprendía a calma de Ana Sandamil
Entre os gardas que acudiron a Muimenta en maio de 2019 tamén testificou o instrutor do caso
Tras os interrogatorios ás testemuñas do círculo da acusada, a repetición do xuízo a Ana Sandamil polo asasinato da súa propia filla de sete anos continuou coas declaracións policiais. Entre os gardas que acudiron a Muimenta en maio de 2019, tamén testificou o instrutor do caso.
Francisco José Lago, avogado da acusación popular: "O sangue que tiña a nena, que había na manta, na zapatilla ou no calcetín era evidente. Chama a atención que nas declaracións de onte diversas testemuñas non o visen".
Manuel Ferreiro, avogado da acusación particular: "Un dos tíos da nena, que na instrución tratou de encubrir a nai dicindo que el foi quen buscou a estricnina na tablet, onte dixo non lembralo. Na comparecencia dos gardas poderemos evidenciar que era mentira".
Respecto ás declaracións do que fora o mozo da presunta parricida, que acusou o pai da nena de maltrato psicolóxico a Ana Sandamil, José Manuel Leal manifestou que, en todo caso, el era a vítima do trato que lle dispensaba a parella.
José Manuel Leal, pai da pequena Desirée: "Sobre este individuo que declarou que eu era un maltratador, mais era ao revés. Maltratábanme a min, incluso utilizando a miña nena, que me contou que el lle dicía que era máis grande ca min e que me podía pegar".
Para a xornada vindeira está previsto que comece a quenda das probas periciais.