Declaran no xulgado 17 mulleres vítimas das gravacións na Maruxaina
Declaran no xulgado 17 mulleres vítimas das gravacións na Maruxaina
Máis de 80 mulleres foran gravadas sen consentimento cando ouriñaban
Os vídeos acabaron en páxinas pornográficas
Hoxe declaraban no xulgado varias das afectadas polas gravacións da Maruxaina e ratificáronse nas súas declaracións iniciais. Teñen esperanza de que se logre coller todos os responsables destes vídeos que acabaron en páxinas pornográficas.
As vítimas das gravacións da Maruxaina comezaron a declarar por primeira vez ante o xuíz. Foron 17 mulleres as que nesta primeira quenda acudiron ratificar a súa denuncia.
Foi a Audiencia Provincial a que o pasado mes de novembro ordenou reabrir a causa que xa fora arquivada en dúas ocasións polo xulgado de Viveiro.
As gravacións realizáranse nas festas da Maruxaina de 2019 e non foi ata un ano despois cando se coñeceu que máis de 80 mulleres foran gravadas sen consentimento cando ouriñaban nunha zona apartada, uns vídeos que foron subidos a webs pornográficas.
Agora están en marcha outras investigacións para tratar de dar co autor das imaxes.