Declaran o Arde Lucus Festa de Interese Turístico Internacional
Declaran o Arde Lucus Festa de Interese Turístico Internacional
A festa celebrará este ano a súa vixésimo segunda edición
O Goberno local de Lugo informou de que o Arde Lucus, a festa que evoca o pasado romano da cidade, foi declarada de Interese Turístico Internacional.
A consecución deste recoñecemento era un vello obxectivo para o Goberno local e tamén para as asociacións de recreación histórica da cidade que participan na organización desta festa.
O Concello de Lugo recibiu comunicación desa declaración por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio este martes ao mediodía.
De feito, a alcaldesa Lara Méndez, e o edil de Mocidade e Deportes, Mauricio Repetto, comparecerán de urxencia esta tarde, xunto á estatua dos fundadores da cidade, para facer declaracións sobre este recoñecemento.
O Arde Lucus celebrará este ano a súa vixésimo segunda edición, entre os días 22 e 25 de xuño.