Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descodificadores esgotados e clientes que non entenden por que non ven a tele polo apagamento da TDT

Descodificadores esgotados e clientes que non entenden por que non ven a tele polo apagamento da TDT

Algunhas tendas quedaron sen decodificadores e con poucos televisores de menos de 40 polgadas
G24.gal 16/02/2024 20:03 Última actualización 16/02/2024 20:28

A televisión tradicional abandona as emisións estándar e só quedan xa canles en alta definición. Por iso nas tendas galegas disparouse a demanda de descodificadores para poder seguir vendo a tele en televisores incompatibles. Algunhas, de feito, xa non teñen.

Algúns clientes, directamente, optan por televisores novos. Outra situación é a dos 4.300 fogares galegos que reciben sinal vía satélite. Neses casos poden solicitar xa as axudas de 400 euros que concede a Xunta para adaptar os receptores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade