Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Olelas, Entrimo, non poden ver a televisión dende o 14 de febreiro porque están en zona de sombra

En Olelas, Entrimo, non poden ver a televisión dende o 14 de febreiro porque están en zona de sombra

Precisan un receptor de satélite especial para zonas de orografía complicadas

G24.gal 26/02/2024 14:18

En Olelas non poden ver a televisión e están indignados. Dende que o 14 de febreiro comezou a emitirse só en alta definición, eles non ven ningunha canle. Esta aldea de Entrimo está nunha zona de sombra, pola súa difícil orografía, polo que teñen que mercar un novo receptor de satélite especial para volver a ver a tele.

O 14 de febreiro, o día que deixou de emitirse en calidade estándar, as televisións de Olelas apagáronse. No inverno, nesta aldea de Entrimo, para moita xente a televisión é un entretemento.

Olelas, na serra do Xurés, pegada a Portugal, é unha zona de sombra. Xa tiveran que instalar antenas parabólicas para poder ver a tele porque non lles chegaba sinal por antena terrestre. Agora vense na obriga de mercar un novo receptor para alta definición especial para zonas de orografía complexa.

A Xunta ofrece axudas de ata 400 euros para que estes fogares en risco de exclusión dixital poidan renovar eses receptores de satélite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade