Defensa ofrécelles ás comunidades o apoio das Forzas Armadas
Defensa ofrécelles ás comunidades o apoio das Forzas Armadas
Ofrécelles a colaboración dos rastrexadores e vacinadores
A ministra de Defensa ofrécelles ás comunidades autónomas a axuda do Exército no rastrexo dos positivos e para avanzar na campaña de vacinación.
Un chamamento de Margarita Robles ás comunidades autónomas para que soliciten desde xa a axuda do Exército, se a consideran necesaria, para loitar contra a sexta onda da pandemia.
Ofrécelles a colaboración dos rastrexadores. Actualmente, di a ministra, 1.500 rastrexadores do Exército colaboran xa coas comunidades autónomas.
Tamén se pode solicitar a axuda dos vacinadores, sanitarios militares, que -di Robles- inmediatamente irán onde sexa necesario para avanzar na vacinación.
O Ministerio de Defensa pon a disposición da loita contra a covid os medios das Forzas Armadas.