Publicador de contidos
Publicador de contidos

Delegacións de Ucraína e de Rusia negociarán en Belarús, pero a guerra continúa

Delegacións de Ucraína e de Rusia negociarán en Belarús, pero a guerra continúa

As dúas delegacións reuniranse na fronteira entre Ucraína e Belarús

Ucraína denuncia a Rusia ante a Corte Penal Internacional na Haia

As autoridades ucraínas aseguran que son capaces de repeler a agresión

G24.gal 27/02/2022 22:02

Ucraína acepta negociar con Rusia para frear a invasión e o sufrimento do seu pobo, pero a guerra continúa. Conforme pasan os días, medra o ánimo e a crenza entre as tropas e os propios ucraínos de que poderán parar o avance inimigo.

As autoridades din que as tropas regulares non puideron entrar nin estar de xeito permanente en ningunha cidade importante do país, sexa Kiev, Kharkov, Odessa ou Mariupol, no mar de Azov, en catro días de ofensiva en todas as frontes.

A negociación líbrase tamén no campo de batalla. Cada delegación intentará impoñer as súas condicións. O cerco á capital sería sinónimo de capitulación para as autoridades ucraínas.

A batalla por Kiev

Coma cada noite desde a invasión, os sabotadores rusos entraron na cidade pero foron liquidados. As alarmas antiaéreas soan de xeito esporádico, nesta urbe de tres millóns de habitantes, con menos explosións nesta xornada.

Unha gran columna de blindados rusos avanza a marchas forzadas cara á capital, pero o Concello insiste en que a situación está controlada polo Exército e as unidades de defensa territorial. Aseguran que o inimigo ruso está desmoralizado.

Distintas rexións enviaron reforzos para defender a capital do país. Aseguran que lograron expulsar as tropas rusas de distintas localidades próximas a Kiev.

A poboación local axuda coa arma preferida pola resistencia ucraína: os cócteles molotov. Houbo distintos combates e o exército ruso voou polos aires un depósito de petróleo mentres as baterías antiaéreas abateron tres helicópteros rusos.

O Concello asegura que a situación é controlable e que as infraestruturas vitais funcionan, pero sen transporte público nin metro. As estacións serven de refuxio.

O toque de recollida está vixente toda a fin de semana, por tanto houbo pouco movemento nas rúas.

Ucraína recorreu ao Tribunal Internacional da Haia contra Rusia pola intervención armada ordenada polo líder ruso Vladímir Putin. Asegura que debe responder por manipular a noción de xenocidio para xustificar a agresión, asegurou o presidente de Ucraína Volodímir Zelenski.

Fixo tamén un chamamento aos cidadáns estranxeiros de países amigos a sumárense á loita contra a agresión rusa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade