32 países participan en Santiago nun congreso de cooperación turística internacional
32 países participan en Santiago nun congreso de cooperación turística internacional
O obxectivo é compartir ideas e proxectos que melloren a oferta nos distintos destinos
Natureza e cultura autóctona son as preferencias do turista actual
Que pode aprender un axente turístico dun país como Galicia, onde o sector ocupa o 11 por cento do PIB, doutros lugares que poden ser competencia na atracción de visitantes.
"Pois intercambio de ideas e proxectos que redunden en beneficio de todos, xa que o turismo global máis que competencia o que precisa é cooperación", así se expresa Alejandro Rubín, presidente da Asociación Internacional de Cooperación Turística (ASICOTUR), creada hai dous anos e que dende hai seis meses é membro da Organización Mundial de Turismo (OMT).
ASICOTUR organiza este congreso que xunta en Compostela representantes de 30 países que buscan mellorar os seus atractivos e de paso dinamizar a economía local. Un exemplo como que expón Eugenio Yunis, asesor de empresas turísticas de Chile.
"Chile e Guatemala intercambian información sobre un proxecto de dinamización turísticas con comunidades indíxenas que é moi interesante", sinala.
O foro serve tamén de escaparate para promover destinos menos frecuentados e que focalizan neste sector unha vía para o desenvolvemento. É o caso de Filipinas, presente no congreso.
"Un país non moi coñecido, que ten sete mil illas, coas mellroes praias do mundo, como Boracay, e que é un dos mellores destinos para o mergullo", afirma José Rodríguez, ourensano afincado hai corenta anos no país asiático e que agora actúa como delegado de ASICOTUR nas Filipinas.
Os destinos de natureza e cultura autóctona non masificados son as preferencias do turista actual, que neste ano pospandemia volverá encher os hoteis de medio mundo.